A Copa de Europa de Triatlón chegará a Pontevedra o 12-X

triatlon250_260510.jpgPONTEVEDRA> O Pazo de Mugartegui, en Pontevedra, acolleu esta mañá a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Pontevedra e a Federación Galega de Triatlon para a organización da proba da Copa de Europa Premium. A continuación presentouse o evento que se celebrará o 12 de xuño.

{flowplayer}images/salnes/triatlon_260510.flv{/flowplayer} 

Por terceiro ano consecutivo o mellor triatlon do continente fará a súa parada en Pontevedra. Nesta ocasión a proba da Copa de Europa terá a categoría de Premium, polo que será unha das catro carreiras de máxima categoría das once das que consta o campionato. Haberá polo tanto mellores premios para os participantes e será puntuable para o ranking olímpico.

O programa de competición completarase este ano cunha proba clasificatoria para o Campionato de España, onde participarán 300 deportistas. O percorrido desta será diferente ó da Copa de Europa, co ánimo de probar o trazado do próximo ano, cando Pontevedra acollerá o Campionato de Europa.

Na Cidade do Lérez volverán a darse cita nomes destacados dentro do mundo do triatlon, como o propio Javier Gómez Noya ou o da subcampiona olímpica, a portuguesa Vanesa Fernándes.

Antes da presentación, Francisco Villanueva e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, asinaron un convenio polo cal o concello de Pontevedra aportará 100.000 euros para a organización da proba.

Redacción Salnés