O Consorcio do Comercio rexeita o Centro Comercial fóra do casco urbano

    consorcio_copia100.jpgVILAGARCIA > Centro Comercial fóra do casco urbano, non. Esta é a resposta dos representantes do Consorcio de Comerciantes do Salnés,…

    {flowplayer}images/salnes/CONSORCIO_COMERCIO.flv{/flowplayer} 

    … ante a futura construción da área comercial en San Miguel de Deiro. Afirman que nesta situación vai prexudicar ó comercio local e que vai supoñer a desertización dos cascos urbanos. Puntualizan que non están en contra de que o centro comercial se constrúa en Vilanova senón que estea fóra do casco urbano.

    Os membros do Consorcio criticaron duramente as palabras de Gonzalo Durán nas que afirmaba que a destrución duns poucos postos de traballo non era importante xa que o centro comercial crearía 500. Insisten en que van loitar para que a administración apoie ó pequeno comercio.

    O presidente do Consorcio informou de que se puxo en contacto en varias ocasións coa directora xeral de comercio e lle contestou que descoñecía a existencia dos informes favorables das demais consellerías.

    En canto á polémica das mensaxes no pleno do venres, Marcos González afirmou que é mentira que enviaran sms para ir a boicotear o pleno, e que Gonzalo Durán debería mostrar probas. Dende o consorcio de comerciantes agradecen o traballo feito por Ramón Cardalda ó fronte de Vilanova Centro.

    Redacción Salnés