![]()
VILAGARCÍA> Esta fin de semana, o domingo, celébrase no Salnés a XV Marcha Cicloturista organizada polo Club Lobeira. Máis de 200 deportistas daranse cita nesta proba que terá un percorrido de 100 quilómetros, con saída e chegada en Vilagarcía.
{flowplayer}images/salnes/MarchaCiclista_270510.flv{/flowplayer}
A pesar das dificultades que se atoparon para sacar a proba adiante a Marcha Cicloturista do Club Lobeira verá a luz este domingo. O percorrido será igual a das últimas edicións: 100 quilómetros, con saída e chegada na Praza da Peixería de Vilagarcía, con pasos por Cambados, A Lanzada, Sanxenxo, Castrove, Ribadumia ou Vilanova, entre outros lugares
En total agárdanse para o domingo uns 250 ciclistas. Unha cifra moi alta, que non parou de medrar nos últimos anos pero á que haberá que poñerlle freo.
A marcha non ten carácter competitivo pese a que nela só poderán participar deportistas federados. Iso sí, repartiranse premios especiais entre os participantes.
O prezo de inscripción é de 10 euros, custe no que va incluído o avituallamento e o pincho que se ofrecerá ó remate da marcha. A saída darase en torno ás 9:30 e a chegada tense prevista catro horas máis tarde.
Redacción Salnés








