CAMBADOS> A arte e a veciñanza de Cambados camiñarán da man grazas á terceira edición do Desfoga. O evento mestura obradoiros, exposicións, teatros e outras artes nas que participan tanto os creadores como o público. A edición deste ano está dedicada ao colectivo LGTBIQ+.
Cambados acolle durante a última semana de outubro a terceira edición de Desfoga. O evento é un comisariado de artes vivas no que se reivindica a igualdade de dereitos e as liberdades. A peculiaridade do Desfoga é que é un festival mediado, no que os artistas e o público crean xuntos.
O evento está considerado comisariado por que todas pezas seguen un discurso e interactúan entre elas. Este ano están principalmente enfocadas ao colectivo LGTBIQ+.
O Desfoga inclúe teatro, exposicións, obradoiros e máis actividades que se celebrarán ao longo desta semana. As actividades e as obras artísticas foron escollidas contando coa participación cidadá.
O paso ao fronte desta terceira edición do Desfoga é posible grazas a colaboración de entidades como o concello de Cambados e do Agadic.
Algunhas das actividades teñen un custe e as entradas poden mercarse a través de entrapolis.com.