En liberdade con cargos o policía detido por pornografía infantil

    poli_malo_100_flecha_copia.jpgO GROVE> Un policía municipal do Grove foi detido e posto a disposición xudicial, pola súa presunta implicación nunha rede de pornografía infantil.

    {flowplayer}images/salnes/poli_detido.flv{/flowplayer} 

    O GROVE> En liberdade con cargos un policía local do Grove, detido pola súa suposta vinculación cunha rede de pornografía infantil. Tras prestar declaración pola mañá no Xulgado de Instrución número 3 de Cambados, esta tarde o axente quedou libre coa obriga de comparecer os días 1 e 15 de cada mes nos xulgados.

    Axentes da Garda Civil de Pontevedra, a instancias do Xulgado de Cambados, detiveron onte a J.L.B.R. un policía municipal do Grove pola súa presunta relación cunha rede de pornografía infantil. Segundo fontes da investigación, a rede foi detectada en Ciudad Real pero posúe ramificacións en diversos puntos de España.

    A detención do axente local produciuse onte, durante o cambio de quenda, ás dúas e media da tarde. A Garda Civil procedeu a rexistrar a súa taquilla no cuartel da Policía Local do Grove e requisou un ordeador persoal que usaba no traballo. Tamén se fixo un exhaustivo rexistro da súa vivenda, en Sanxenxo.  

    Máxima cautela e cero alarma, piden dende o Concello, ata que as investigacións dean o seu froito e póidase así, tomar as medidas oportunas.

    Axentes da policía municipal do Grove declararon a Canal Rías Baixas que a detención do seu compañeiro estrañoulles moito e que xamais o terían relacionado con temas de pornografía.

    Redacción Salnés.