![]()
VILAGARCIA> O Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, reuniuse hoxe cos responsables do equipo de Protección Civil deste Concello.
{flowplayer}images/salnes/convenio_poli_local_pc_vilagarcia.flv{/flowplayer}
O obxectivo era facer repaso á actuación deste corpo de voluntarios nos últimos 4 meses de goberno popular e marcar unha folla de ruta para os vindeiros anos.
Esta reunión é unha máis da xeira de contactos que veñen mantendo o Concello e este equipo de emerxencias e axuda; para analizar en que funcións do Concello pode ser máis útil a axuda dos case 45 voluntarios que compoñen arestora o plantel de protección civil, co fin de optimizar recursos, tanto humanos como materiais, na procura da rendibilidade. Esta futura colaboración será máis estreita cos corpos de seguridade ou emerxencias, como pode ser a policía local.
Con esta medida, Protección Civil volverá a cobrar protagonismo neste Concello, logo dos seus 20 anos de andadura; sen que por iso poida supoñer un detrimento na dotación de persoal doutras entidades.
Redacción Salnés







