“Espermatozoides” foi a curtametraxe gañadora do trixéximo terceiro certame audiovisual do Liceo Casino. Esta fin de semana entregábanse os premios no auditorio municipal ante a expectación dos participantes vidos dende tódolos puntos do país. Este ano a edición contou cun premio novo e esperado, trátase do galardón a mellor curta de animación acadado por Tadeo Jones do director Enrique Gato.
Dende Madrid ven a curtametraxe gañadora, “Espermatozoides”, unha producción que se centra na gran curiosidade de Pablito: saber de onde veñen os nenos. O xefe de montaxe José Manuel Jiménez foi o encargado de recoller o trofeo de ouro e o cheque de 2.000 euros.
Á Bilbao foi o segundo premio ó mellor audiovisual “El Soñador”, ambientada no século XIX trata os problemas dun reputado alienista para curar un estrano caso médico dun xove da alta nobreza. O seu director Oskar Santos recolleu o trofeo de prata e os 1.500 euros do premio.
En terceiro lugar o xurado elixiu a curta “El futuro está en el porno” do valenciano Vicente Villanueva. En quince minutos contase a historia dunha boa persoa convertida en a peor pesadilla de moita xente.
Un dos galardóns máis esperado foi o premio Galicia dotado cun trofeo de ouro e 1.500 euros. Aléx Sampayo un xoven director de Lalín ambientou a sua producción nun matrimonio de mediana idade na Galicia rural dos anos cincuenta. O encargado de recoller o premio deu as gracias por este recoñecemento ainda que tamén pediu máis axudas as administracións. A petición foi escoitada.
Ademáis destes premios o Liceo Casino inaugurou un novo galardón moi demandado polas curtas enviadas o longo dos anos : O premio de Animación. Por primeira vez houbo un premiado nesta categoría e foi Tadeo Jones de Enrique Gato. O premio a novos realizadores recaeu en “Antonio Revisitado” do leonés Javier Roldán. Por último o premio Liceo Casino de Vilagarcía foi para un vilagarcián, David Blanco recibiu o seu merecido premio por “Machuelo”. O acto contou tamén coa presencia da delegada provincial de presidencia Mª del Carmen Larriba quen felicitou a organización e por suposto os premiados desta edición.
Redacción Salnés