O 5 de xuño ábrese na Illa a temporada de dornas a vela

dornas250_280510.jpgILLA> Vaise achegando o verán pouco a pouco e con el as competicións típicas da época estival, como por exemplo as regatas de dornas a vela. Hoxe foi presentada a primeira, o VI Trofeo Fasquía, que se celebra na Illa o vindeiro día 5 de xuño.

{flowplayer}images/salnes/dornas_280510.flv{/flowplayer} 

Como cada ano, e xa van seis, a Asociación Cultutal e Deportiva Fasquía, presidida por Santiago Mougán, organiza a súa propia regata de dornas a vela. A competición servirá como punto de inicio do Trofeo Galicia de Dornas e na proba daranse cita embarcacións chegadas dende diferentes puntos das Rías Baixas.

A regata terá saída e chegada no Porto do Xufre, da Illa de Arousa, e contará cun percorrido de oito millas, a navegar nun triángulo, que irá do Xufre, ata o Faro do Xeixo e de alí á boia de delimitación do polígono das bateas. As dornas terán que dar dúas voltas a este trazado.

O ano pasado foron 42 as embarcacións, a máis rápida fora  ‘A Cariñosa’. Este ano pertenden superar esa participación, para poder ir prolongando a vida deste Trofeo Fasquía.

Ademais desta regata da Illa, o Trofeo Galicia está composto por outras tres: a Regata dos Faros, no Grove, a do Albariño, en Cambados, e a do Triángulo do Bao, tamén na Illa de Arousa.

Redacción Salnés