Como afecta esta sucesión de borrascas ás viñas do Salnés?

O SALNÉS> A sucesión de borrascas que sufrimos nas últimas semanas condicionan o día a día nas viñas do Salnés. Os traballos habituais nesta época do ano, a poda e o atado, estanse retrasando. Con todo, e malia as imaxes espectaculares de viñedos anegados, as plantas resisten sen problema ao estar en parada vexetativa.

Disque nunca choveu que non escampara, pero o certo é que a terra xa non dá máis de si. O tren de borrascas que leva afectándonos dende hai semanas deixa no Salnés solos completamente enchoupados, sen capacidade para absorber máis. Os datos falan por si sós.

E esta cantidade de auga, como afecta ao sector do viño?

O tempo condiciona o traballo dos viticultores para poda e atado. A planta entre tanto, resiste sen dificultade. Ao estar en parada vexetativa este episodio de tanta auga non lle afecta.

E mesmo en casos como este, con imaxes tan espectaculares e coa auga cubrindo a cepa case por completo, a planta resiste.

Dende a Estación Fitopatolóxica do Areeiro advirten que estas condicións meteorolóxicas fan prever unha primavera complicada desde o punto de vista fitosanitario, con maior risco de aparición de determinados patóxenos e, en menor medida, de algunhas pragas de insectos.
Pra