VILAGARCIA> Outro dos sectores obrigados ao peche coas novas medidas é o dos ximnasios. Dende os centros aceptan as normas pero non comprenden porqué outros negocios si continúan abertos. Advirten que eles son parte da solución e non do problema.
As medidas impostas pola consellería de sanidade contemplan o peche dos ximnasios. As instalacións deportivas son un dos espazos onde menos contaxios se producen. Dende o sector entenden o peche pero advirten que eles son parte da solución e non do problema.
Segundo o ministerio de sanidade os contaxios en actividades deportivas supoñen tan só 0,22% do total. Por elo non entenden que pechen os seus negocios e outros permanezan abertos.
As medidas nos ximnasios son numerosas. Como biombos de separación entre as máquinas, controis nos accesos e desinfectado continuo dos equipos.
Os ximnasios vense obrigados a pechar as portas e enviar ao Erte aos seus traballadores. Inda así os gastos mensuais de instalacións como a da piscina son numerosos. Dende o sector afronta o peche con incerteza.
Polo de agora dende o sector tampouco coñecen se recibirán algunha prestación polo peche. En canto aos clientes, suspéndeselle o cobro das cotas durante o tempo que as instalacións estean pechadas. Estes días restantes de xaneiro descontaránselle do vindeiro mes que volvan a abrir as portas.