Concesión de 18 meses e 1,1 millóns de euros no servizo de limpeza

    catalina_copia100.jpgSANXENXO> O goberno local aprobou a concesión no pleno de onte cos votos do PP. A oposición ó completo se abstivo. Non ocorreu o mesmo co convenio para o novo abastecemento de auga que se aprobou por unanimidade.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Nun caldeado pleno, o grupo de goberno logrou aprobar a súa proposta dunha concesión para o servizo de limpeza que teña unha duración de 18 meses e un custe anual de 1,1 millón de euros. Unha medida que se presentou despois de que varios concelleiros de Catalina González rexeitaran unha concesión por un período de 20 anos. Dende o BNG, exhibiuse a proposta que os críticos presentaron como alternativa e preguntou quen o solicitou e como se costeou.

    O PSOE, pola súa parte, afirmou que a alcaldesa cambiou completamente de opinión en dous meses, para sacar o problema de diante.

    VIPS destacou o esforzo de Ángel Casal para defender a proposta de González, e engadiu que se trata dun cheque en branco para que ela faga o que queira.

    A alcaldesa defendeu a proposta de xestión indirecta e a longo prazo porque, engadiu, a concesionaria debe ter tempo para amortizar o material e a nave.

    Onde non houbo discrepancias foi no convenio de abastecemento de auga con AquaNorte, ó que se subscriben Sanxenxo, Pontevedra, Marín, Poio e Bueu.

    Este acordo supón un investimento total no municipio de 6,2 millóns de euros ata o 2013. Máis do 43% será financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

    Redacción Salnés