O bipartito defende no pleno o novo centro de saúde na Comandancia

    comandancia100.jpgVILAGARCÍA> A edil de Sanidade Victoria Hierro defenderá mañá no pleno unha proposta para reclamar á Consellería de Sanidade …

    … a construción dun novo centro de saúde na antiga Comandancia de Mariña.

    Tanto PSOE como BNG defenden este emprazamento como o mellor e por iso lle reclaman á Xunta que cumpra co protocolo asinado en 2008 pola Autoridade Portuaria e Sanidade. Lembra a alcaldesa Dolores García que nese convenio se di que o Porto se compromete a ceder os terreo da antiga Comandancia tan pronto como a Consellería de Sanidade decida construír o novo centro de saúde.

    A rexedora advirte así á Xunta que este acordo non é unha mera declaración de intencións e para demostralo só queda que o actual presidente da Autoridade Portuaria ratifique o ou non ese compromiso e que a actual conselleira de Sanidade confirme ou non se teñen intención de facer o centro de saúde alí.

    En canto á proposta da Xunta de facer o centro en Sobradelo ou Sobrán, a alcaldesa aclararalle mañá ós veciños desta zona que o goberno local defenderá a mellora da atención sanitaria de Vilaxoán, Sobrán e Sobradelo. Sen embargo, insiste que o obxectivo prioritario e urxente agora é dotar ó concello dun gran centro de saúde, e que o mellor sitio para facelo é a Comandancia.

    Na proposta que levan a pleno recóllese tamén comunicar ó equipo redactor da revisión do PXOM que teña en conta a reserva de espazos para usos sanitarios en Sobradelo e Sobrán, para poder facer alí un terceiro centro de saúde.

    Redacción Salnés