O BNG lanzará unha ofensiva de actividades para reclamar a ambulancia medicalizada para o Salnés

VILAGARCÍA> O BNG reclama unha ambulancia medicalizada para a comarca do Salnés. Anuncian que van a lanzar unha ofensiva de accións para conseguilo e que só motivos políticos poderían impedirllo.

Dende hai anos o BNG ven reclamando unha ambulancia medicalizada permanente para a comarca do Salnés. Ante o novo concurso que está iniciando o 061 para a tramitación dun transporte sanitario urxente, comunican que van a poñer en marcha unha ofensiva de accións para que o Salnés non quede excluído desa adxudicación.

A deputada considera que unha comarca como a do Salnés con 115 mil habitantes, cun hospital sen UCI e sen hospitalización de cardioloxía nin cardiólogos profesionais a tempo completo encóntrase nunha situación de risco permanente.

A ofensiva que vai lanzar o BNG inclúe accións como: iniciativas no parlamento, demandar ó goberno esta dotación ou reunirse co director xeral do 061. Para Montse Prado non existe ningunha razón para deixar fóra a comarca da dotación salvo intereses políticos do PP.