Empresas e vivendas convivirán en Cesures nun proxecto urbanístico pioneiro

    PONTECESURES > Pontecesures podería contar cun proxecto pioneiro en Galicia. Trátase de extende-lo casco urbán cara o concello de Valga urbanizando case medio millón de metros cadrados. O novidoso da iniciativa que hoxe presentou no concello a conselleira de Vivenda, é que nese terreo iría un parque empresarial, vivendas protexidas e zonas verdes e deportivas.

    teresataboaspontecesures_300_270406.jpgTrataríase dunha minicidade que estaría situada na zona coñecida da Teixoeira, na estrada que vai de Pontecesures a Valga. Ata alí se achegou a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, para presenta-lo proxecto que deu xa o seu primeiro paso coa sinatura dun protocolo de colaboración. Tanto a conselleira como o alcalde pretenden que sexa un proxecto emblemático que contribúa ó desenvolvemento urbanístico do concello, creando solo empresarial e vivenda protexida de calidade.

    O primeiro paso será encarga-los estudos necesarios para ver se é factible o proxecto e despois convocarán o concurso de ideas. Pero a actuación require tamén unha modificación puntual do planeamento urbanístico que deberá ser aprobada polo pleno do Concello. A Consellería se fará cargo de adquirir os terreos e urbanizar. Despois manterá en propiedade o solo empresarial e residencial que adxudicará para o seu desenvolvemento, mentres que os viais, as zonas verdes e deportivas, e os aparcamentos públicos serán cedidos ó Concello. Un proxecto que o alcalde considera fundamental para o desenvolvemento futuro de Pontecesures.

    Redacción Salnés