Suspendido o xuízo polo caso de Viaxes Silgar

    VILAGARCIA> Suspendido o xuízo polo caso viaxes Silgar. O xulgado do mercantil de Pontevedra ven de verse obrigado a suspender a vista prevista para mañá logo de que a letrada de Francisco Janeiro renunciase a súa defensa.

    Suspendido sine die o xuízo pola cualificación de culpable do concurso de acreedores de Viaxes Silgar que estaba previsto para mañá en Pontevedra. Finalmente o xulgado do mercantil número 1 desta capital de Provincia decidiu aprazar a vista ó constatar que a letrada dun dos acusados, Francisco Janeiro, rexeitaba seguir exercendo a súa defensa. Para a Confederación Intersindical Galega esta nova volta que dá o caso é sospeitosa logo de que Francisco Janeiro levase varias semanas intentando por tódolos medios aprazar ou que se suspendese a vista. Entende a CIG que o que pretende Janeiro é gañar tempo para que a Xunta poida sacar as novas prazas concertadas para xeriátricos, posto que el forma parte dunha nova empresa Euroconsultores sociosanitarios, que opta a elas. Desde o Sindicato Nacionalista piden pois que se fixe canto antes unha nova data para a celebración deste xuízo, ó que se ven a unir a querela admitida polo xulgado de instrucción número 3 de Santiago; contra os dous propietarios de Viaxes Silgar Francisco Janeiro e Enrique Martinez, e a propia Conselleira de Traballo e Benestar. Estas declaracións do secretario da CIG tiñan lugar no transcurso dunha nova manifestación da CIG ante a Axencia Tributaria na que volveron a criticar a política fiscal do Goberno Central e a súa repercusión na clase traballadora.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/07/tupi.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/07/suspension_xuizo_viaxes_silgar.mp4{/flowplayer}