‘Non me vou arruinar a vida por culpa dun fillo’

    jose_luis_leiro100.jpgSANXENXO> Estafado. Así se sinte José Luís Leiro, pai de Hugo Leiro, o mozo de Sanxenxo detido en Punta Cana por levar droga na maleta.

    {flowplayer}images/salnes/comeza_xuizo_hugo_leiro.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> Estafado. Así se sinte José Luís Leiro, pai de Hugo Leiro, o mozo de Sanxenxo detido en Punta Cana por levar droga na maleta.

    Hugo será xulgado mañá, segundo confirmou a Canal Rías Baixas o seu pai, José Luís Leiro. A detención produciuse hai un ano, e con Hugo tamén foran presas as vilagarciás Lorena Barcala e Mónica Pardal, despois de atopárenlles case 40 quilos de droga repartidos na súa equipaxe. Elas están xa de volta na casa, pero Hugo segue encarcerado nunha prisión dominicana.

    José Luís Leiro considérase estafado e mesmo desconfía do seu fillo. Contounos que onte falou coa moza de Hugo, unha das rapazas que tamén fora detida en Punta Cana, que lle desvelou que o estaban a enganar. Leiro asegura que leva investido moito diñeiro para intentar liberar ó seu fillo.

    Ó xuízo de mañá só asistirá Hugo Leiro, logo de que as dúas vilagarciás quedaran libres sen cargos. Está previsto para mañá ás 9 da mañá hora local, segundo indicou José Luís Leiro.

    Redacción Salnés