A Asociación de Autopatronos do Taxi do Salnés planea crear un ‘Taxitour’

    taxiscambados_100_130207.jpgCAMBADOS > A proposta conta co respaldo do padroado de turismo Rías Baixas, que elaborará folletos para oferta-lo servizo nas feiras.

    Un dos itinerarios previstos partirá de Caldas para percorrer A Estrada, Santiago e a Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. As outras dúas rutas ainda están pendentes de concretar, pero en principio percorrerían ó Salnés. Para iso os profesionais deberán acudir a un curso de turismo na Fundación Comarcal do Salnés sufragado pola Unión Europea no que recibirán nocións de historia e arte.

    taxiscambados_300_130207.jpgTamén poderán participar nun de inglés que organiza a Cámara de Comercio. Ademais, o concello de Cambados colaborará para conseguir un taxi adaptado a minusválidos que tería base en Ribadumia e atendería a toda a comarca. Tamén traballan nun sistema que permita un contacto permanente entre os profesionais para afianza-la seguridade e incluso na posibilidade de converter os taxis en complementarios do servizo de Noitebús. Finalmente os taxistas queren pedir indemnizacións polos prexuízos causados tralo peche da vía rápida.

    Redacción Salnés