Iníciase a licitación das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa. Hoxe a conselleira de planificación de infraestruturas e o seu homólogo de Sanidade visitaron a parcela onde se vai construír o edificio. O novo equipamento suporá un investimento de 19 millóns de euros. A intención é que as obras comecen a finais deste 2024.

VILAGARCÍA> Iníciase a licitación das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa. Hoxe a conselleira de planificación de infraestruturas e o seu homólogo de Sanidade visitaron a parcela onde se vai construír o edificio. O novo equipamento suporá un investimento de 19 millóns de euros. A intención é que as obras comecen a finais deste 2024.

Os conselleiros de Sanidade e de Planificación de Infraestruturas visitaron hoxe a parcela que ocupará o futuro novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa. Ocasión que aproveitaron para anunciar unha agardada noticia: a licitación das obras deste novo equipamento.

As empresas interesadas en facerse co proxecto poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 20 de agosto. A obra está orzamentada en máis de 19 millóns de euros e a intención é que poidan comezar a finais deste 2024. O prazo de execución é de 24 meses.

O novo centro de saúde contará cunha superficie de 8.300 metros cadrados e terá forma de dobre U, xerando dúas prazas abertas cara a cidade. O plan funcional establecido para o novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa prevé chegar ás 18 consultas de medicina xeral, outras 17 consultas de enfermería (4 máis), 6 consultas de pediatría e 5 de enfermería pediátrica.

As instalacións contarán tamén con 2 consultas de odontoloxía, 2 de fisioterapia, 1 de nutricionista, outra de psicoloxía e 2 de matrona, entre outras. Ademais de sala de técnicas, de toma de mostras, de lactancia, de educación para a saúde ou de rehabilitación con 6 cabinas. Tamén haberá un espazo para a área do Punto de Atención Continuada.