RIANXO> A nova que caeu con sorpresa na vila, di responder a motivos persoais.
Ordóñez ocupou o cargo de concelleiro de Deportes durante os dous últimos mandatos liderados por Adolfo Muíños. Na actualidade exercía de portavoz municipal da formación, da que foi ademais cabeza de cartel e candidato á alcaldía nas pasadas eleccións municipais.
dende a asemblea local quixeron agradecerlle o seu traballo e dedicación durante estes preto de dez anos que estivo ligado á política municipal.
A súa renuncia farase oficial no vindeiro pleno, previsiblemente en setembro.











