‘Liña’, a nova aposta da FGCN para ensinar a dicir ‘non’ ás drogas

    VILAGARCIA> Ensinar ós adolescentes a dicir que non as drogas en idades temperás con firmeza e frases axeitadas, sen que iso supoña que os seus compañeiros os poñan por menos. Este é o principal obxectivo que persegue a campaña de prevención de drogodependencias Liña, que ven de poñer en marcha a Federación Galega Contra o Narcotráfico.

    Esta proposta de prevención intentará crear unha rede positiva na casa e nas aulas para intentar orientar e dar recursos ós nenos e nenas de toda Galicia. A campaña conta con material impreso e on line, na web www.fundacioncontraonarcotrafico.org/programaenlalinea.php para que tódalas familias e a comunidade docente saiban como tratar ós nenos e nenas que entran na súa etapa pre-adolescente.

    Amais, este programa Liña fai especial fincapé nas redes sociais, nas coñecidas como plataformas 2.0; onde se axuda ós propios estudiantes a saber como dicir que non sen entrar en conflicto co seu entorno de amizades.

    A publicación desta campaña, amais do traballo nas aulas daqueles centros que se queiran adherir á iniciativa, é de libre acceso para calquera interesado na web. Este programa Liña dáse a coñecer xusto cando o Código Procesual Penal está en fase de redacción; un estadío que desde a Federación Galega do Narcotráfico aproveitan para achegar os seus pareceres e propostas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/03/nalina.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/03/PROGRAMA DROGODEPENDENCIAS LINA_.mp4{/flowplayer}