Aumentan os delitos de tráfico nas estradas de Poio

    seguridade_poio100.jpgPOIO> Os delitos de tráfico aumentaron en Poio. Segundo o balance feito esta mañá na Xunta Local de Seguridade, pasouse dos 27 detectados en 2008 a 56 en 2009.

    {flowplayer}images/salnes/seguridade_poio.flv{/flowplayer}

    POIO> Os delitos de tráfico aumentaron en Poio. Segundo o balance feito esta mañá na Xunta Local de Seguridade, pasouse dos 27 detectados en 2008 a 56 en 2009. A gran maioría deles, un total de 39, por superar a taxa de alcoholemia, once por conducir sen obter nunca o carné e tres por perder tódolos puntos.

    Quitando este tipo de delitos, na Xunta Local de Seguridade destacouse que Poio é relativamente un concello seguro, cuns índices de delincuencia e conflitividade social baixos. A taxa de criminalidade sen delitos de tráfico foi o pasado ano de 23,56 por cada mil habitantes, moi por baixo das medias provincial e nacional. Onde máis se baixou foi na taxa de delitos contra o patrimonio, que foi dun 25 % menos que en 2008.

    En canto a violencia de xénero, actualmente hai 21 casos activos, a maioría de risco baixo. En 2009 presentáronse dez denuncias, con cinco vítimas de entre 45 e 54 anos e cinco agresores, todos de nacionalidade española. No que vai de ano xa se presentaron sete denuncias, con 7 agresores, e 7 vítimas, a maioría de entre 35 e 44 anos, pero algunhas están entre 18 e 24. Nos vindeiros días celebrarase en Poio unha reunión da Mesa da Violencia de Xénero.

    Redacción Salnés