Seis empresas presentaron as súas ofertas para executar a mellor da ETAP de Noia

NOIA> Seis empresas presentaron as súas ofertas para executar a mellora da Estación de Tratamento de Auga Potable en Noia. As obras, cun orzamento de máis dun millón de euros, comezarán a principios do próximo ano e repercutirán moi positivamente no servizo de abastecemento de auga.

A principios de 2024 iniciaranse as obras de remodelación da ETAP de Noia cun investimento de 1’3 millóns de euros. Ademais da mellora do sistema de captación de auga, os traballos permitirán optimizar o funcionamento da planta cun tratamento máis eficiente da auga potable que chega ós domicilios.

Este investimento sumarase a outro proxecto financiado pola Xunta no municipio como a reforma da EDAR cun orzamento de dous millóns e medio de euros. Será a empresa pública Tragsa a responsable destes traballos que teñen por obxectivo corrixir as deficiencias que presenta a instalacións, tras quince anos en funcionamento, para minimizar o risco de verteduras nunha zona especialmente sensible pola súa proximidade ós bancos marisqueiros.

En paralelo, o Plan de Saneamento das Rías recolle a construción dunha nova depuradora e rede de colectores a medio prazo.