O Liceo Casino será equipo de División de Honra

VILAGARCÍA> Beneficiados pola renuncia á súa praza do Defense La Palma os vilagarciáns ascenden á División de Honra por primeira vez desde a creación da sección en 1969.

Se hai uns días dábamos a coñecer o ascenso do Establecimientos Otero a División de Honra, agora é o Liceo Casino o que ven de acadalo. Se ben os cambadeses quedáranse ás portas da promoción e logo beneficiáronse dunha reestructuración da liga por parte da Federación, que ampliou o número de equipos participantes, agora o Liceo sube por mor da renuncia á súa praza do Defense La Palma.

Será a primeira vez que o club vilagarcián teña un conxunto na División de Honra Nacional, nos seus 32 anos de historia.

O obxectivo non será outro que a permanencia e para iso volverá a contar cos xogadores que tan boa campaña fixeron este ano: Sergey Nigeruk, Fran Monroy e José Luís Recuna. Reforzará o plantel o xoven xogador Samuel Pereiro, procedente do Vincios.

Sen dúbida unha boa nova para o deporte do Salnés que o ano que ven desfrutará por partida dobre do mellor tenis de mesa.

Redacción Salnés