Caixanova e a FGCN firman unha colaboración de 12.000 euros

    caixanova_fgcn_copia100.jpgVILAGARCÍA> A través de protocolo, Caixanova e a Fundación Galega contra o Narcotráfico porán en marcha actividades para alertar dos riscos do consumo de drogas.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_FGCN.flv{/flowplayer}

    O director de Relacións institucionais de Caixanova en Pontevedra, Antonio Gómez Rivera, e o presidente da Fundación Galega contra o narcotráfico, José Manuel Siso Bartomé, firmaron un convenio para impulsar a colaboración entre ambas entidades. Grazas a este documento, que ten unha validez dun ano, as entidades porán en marcha plans encamiñados a conciencia á sociedade dos ricos do consumo de drogas.

    A estreita colaboración entre Caixanova e Fundación Galega contra o Narcotráfico, que se estende dende a creación da asociación, permitiu nos últimos anos impulsar proxectos común para a loita contra o narcotráfico.

    Siso Bartomé agradeceu a colaboración de Caixanova e o seu compromiso nestes momentos de crise económica. Pola súa parte, Gómez Rivera sinalou que a entidade mantén a mesma cantidade de financiamento para obras socias.

    Dende a entidade financeira afirman que é unha prioridade mostrar a obra que fan asociacións tan importantes como a Fundación Galega contra o Narcotráfico.

    Redacción Salnés