En liberdade con cargos o condutor fugado

    condutor_fugado100.jpgVILAGARCÍA> Esta mañá prestou declaración no Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía un veciño de Cambados de 21 anos, como suposto autor …

    … do atropelo mortal acontecido o pasado venres en Vilanova.

    O mozo, J. M. G. S., quedou en libertade con cargos. Imputóuselle un delito por homicidio imprudente e outro por omisión de socorro. Ademais seralle retirado o carné de conducir e deberá presentarse no xulgado cando sexa requirido. Onte pola tarde entregouse voluntariamente na comisaría de Policía Nacional de Vilagarcía, que o puxo a disposición da Garda Civil de Pontevedra que leva o caso. O vehículo implicado, un Opel Corsa, como se sospeitaba, atopábase estacionado na rúa Os Pazos de Cambados, a trescentos metros da vivenda do xoven condutor.

    O suceso aconteceu o pasado venres, ás dúas e vinte da madrugada no lugar da Pantrigueira, en Vilanova de Arousa. A vítima, Manuel Piñeiro Almeida, de 56 anos, camiñaba pola beiravía da estrada provincial PO-307, que une San Miguel de Deiro e a ponte da Illa de Arousa. O condutor do turismo que o arrollou deuse á fuga e onte á tarde, despois de sentirse acosado decidiu entregarse.

    Redacción Salnés