A CIG manifestarase o xoves contra a reforma laboral

    cig_mobilizacion100.jpgVILAGARCÍA> A CIG celebra este xoves en Vilagarcía unha nova mobilización en contra da reforma laboral que propón o goberno de Zapatero.

    {flowplayer}images/salnes/cig_mobilizacion.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A CIG celebra este xoves en Vilagarcía unha nova mobilización en contra da reforma laboral que propón o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.

    Para este sindicato estas medidas só van xerar máis inseguridade e máis precariedade laboral. Consideran que se permitirá ós empresarios despedir de xeito máis fácil e económico ós seus empregados. Critican o abaratamento das indemnizacións, que pasan dos 45 días a 33 no caso de contratos indefinidos.

    Advirten tamén que coa reforma se facilitará o despido por causas obxectivas. É dicir, un empresario poderá alegar que ten perdas por 6 meses como causa do cese de contrato, sexa do tipo que sexa. A CIG tampouco ve con bos ollos o modelo alemán de contratación, polo que se pode reducir a xornada entre un 10 e un 70 por cento.

    A CIG non ve xusto que se volva a cargar sobre os traballadores para que paguen a saída da crise. Como protesta este xoves farán unha nova mobilización en Vilagarcía, que sairá ás oito e media da tarde da Casa do Mar. En canto á folga xeral que barallan Comisións e UXT, pídelles que a fagan xa antes do verán. Este sindicato pide tamén valentía ós grupos políticos para oporse abertamente a esta reforma laboral.

    Redacción Salnés