O GROVE> O concello do Grove regulará o turismo de autocaravanas. A avalancha destes vehículos nos períodos festivos obriga ao goberno local a tomar medidas para que se respecten as normas da vila. Dende a asociación Emgrobes piden unha regulación para este turismo que evite un uso indebido dos espazos públicos do Grove.
O turismo de autocaravanas está de moda. Cada período de vacacións centos destes vehículos visitan os concellos máis turísticos da comarca do Salnés. Pero nalgúns casos este tipo de turismo estase volvendo un problema. Dende o Grove mostran a súa preocupación polo uso indebido que algúns visitantes fan do espazos públicos da vila.
Por elo o goberno local estudiará as normativas para regular este tipo de turismo.
Con esta regulación, o concello busca evitar a aqueles turistas que non respectan os espazos naturais do Grove.
O concello intentará dar resposta a unha demanda da asociación Emgrobes. Que se mostra a favor deste turismo pero dun xeito regulado.
Tanto o concello coma a asociación de empresarios destacan a importancia deste turismo para os establecementos do Grove. Pero tamén sinalan que a vila ten campings e espazos preparados para estes vehículos.