Os afectados pola variante de Noia comezan a cobrar as expropiacións

    expropiacions.jpgNOIA> Os afectados polo proxecto da variante de Noia comezaron a cobrar as partidas compensatorias pola expropiación dos seus terreos.

    {flowplayer}barbanza/expropiacions.flv{/flowplayer}

    Este mércores inciouse o proceso de pago polas expropiacións necesarias para acometer a variante de Noia. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investirá un total de 473 mil euros na adqusición das 841 parcelas expropiadas.

    Nesta primeira xornada estaban citados na casa consistorial noiesa un tercio dos propietarios para proceder ó cobro do dez por cento da contía que lle corresponde a cada un en concepto de depósito, de xeito que a administración pode iniciar a ocupación dos terreos.

    Unha ocupación que para algúns é vista con bos ollos xa que a consideran un paso imprescindible para contar cunha infraestrutura tan necesaria. Mentres outros amosaron a súa contrariedade por ter que ceder as súas fincas e mesmo arremeteron contra o trazado elixido pola Xunta polo seu impacto socieoeconómico e medioambiental.

    Falta de previsión

    No que si coincidían tódolos propietarios é na desorganización e falta de previsión do proceso de pago. Moitos, a pesar de levar no concello dende primeira hora da mañá aínda non sabían se poderían ser atendidos ante a falta dun criterio para organizar os turnos.

    O proceso de pago continuará nos vindeiros días tanto na Casa da cultura noiesa e como no salón de plenos do concello.

    Redacción Barbanza