O Xantar dos Maiores da Pobra celebrarase o día 24 no pavillón de Venecia

    POBRA> Xa hai data para o xantar do maior da Pobra. Será o 24 de novembro no pavillón polideportivo de Venecia. Os interesados en asistir, maiores de sesenta anos, xa poden reservar a súa praza. O prezo do cuberto é de quince euros. Dende o concello agradeceron a colaboración de numerosas empresas do municipio que fan posible esta celebración. Celebración da que defenden a total transparencia dende que se sacou a licitación o servizo.