O PP de Boiro esixe ó goberno local a apertura inminente da piscina

BOIRO> Os populares consideran urxente contar con esta instalación municipal canto antes posto que os seus usuarios vense obrigados a desprazarse ata outros concellos da comarca para poder practicar deporte.

Critican que o goberno tentase aprobar con cargo ó POS da Deputación a ampliación dunha sala de fitness cando o complexo permanece pechado sen dar ningún servizo á poboación.

Lembran dende o PP que o goberno incumpriu reiteradamente os prazos de apertura posto que se comprometera a reabrir a instalación hai agora ano e medio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí