Ribeira rexistra tres ataques de cans en dous días

    ataquescans.jpgRIBEIRA> Os últimos episodios de ataques de cans a persoas están a cuestionar a seguridade de ter animais potencialmente perigosos.

    {flowplayer}barbanza/reportaxeataquescans.flv{/flowplayer}

    O suceso máis grave acontecía o luns cando un veciño paseaba pola Avenida da Coruña co seu can, un labrador, atado con correa. Entón, un pitbull que se atopaba nunha horta próxima irruumpiu na vía pública causándolle lesións ó can e ó seu propietario, un veciño de Ribeira de 79 anos que tivo que se trasladado nunha ambulación polas feridas que presentaba na man.

    Sancións

    O can autor do ataque foi incautado como medida cautelar e trasladado á canceira municipal posto que a súa propietaria carecía de documentación e autorización de ningún tipo. Fóronlle interpostas cinco denuncias por carecer de autorización administrativa, seguro obrigatorio, identificación mediante microchip, por non ter rexistrado no concello a un can potencialmente perigoso e non ter adoptado as medidas de seguridade para evitar que o can accedese á vía pública causando lesións a terceiros. En total, enfróntase a diversas sancións que nalgún caso poderían ascender ós quince mil euros.

    Os outros dous ataques tiveron lugar o martes. O primeiro no parque García Bayón onde un can que se atopaba atado pero sen bozo atacou a un viandante causándolle lesións no brazo. A propietaria abandonou o lugar sen identificarse polo que os axentes da policía local tiveron que proceder á súa localización. Ademais de ser requerida para que sometese ó can a observación durante quince días e presentase informes veterinarios sobre o seu estado de saúde foronlle interpostas tamén cinco denuncias.

    Por último, na parroquia de Carreira un can de raza mestiza escapou do interior do inmoble en que se atopaba e mordeu a unha veciña causándolle lesións leves na nalga esquerda. A propietaria tamén deberá someter o can a observación e foille interposta unha denuncia posto que o animal carecía de microchip e non estaba rexistrado no concello.

    Requisitos

    O concello de Ribeira ten censados 291 cans de compañía e 75 potencialmente perigosos. A policía local lembra a obrigación de rexistrar tódolos cans e a necesidade de obter autorización administrativa para posuír exemplares de razas perigosas. Para acadala é preciso ser maior de idade, carecer de antecedentes, superar un recoñecemento sicotécnico e ter concertado un seguro obrigatorio.

    Redacción Barbanza