JJM Veiga presenta a súa novela ‘Las Montañas del Olvido’

montanas_olvido100.jpgPONTEVEDRA> ‘Las Montañas del Olvido’ é a primeira novela do enxeñeiro pontevedrés Juan José Míguez Veiga.

{flowplayer}images/salnes/montanas_olvido.flv{/flowplayer}

PONTEVEDRA> Detrás dun complicado e siniestro plan elaborado durante anos de desenvolvemento e mutacións biolóxicas está o Amón, un activador xenético secreto que esconde o coñecemento sobre as orixes marcianas das actuais civilizacións do planeta. É parte do argumento de ‘Las Montañas del Olvido’, a primeira novela escrita polo enxeñeiro pontevedrés Juan José Míguez Veiga.

Onte á tarde foi presentada ante máis dun cento de persoas no Café Moderno de Pontevedra. Trátase dunha novela de aventuras e ciencia ficción, ambientada nun mundo futuro e imaxinario, no que xa todo é distinto, as razas, a tecnoloxía, e mesmo a xeografía na que vivimos. Unha historia, ‘Las Montañas del Olvido’, que o autor narra poñéndose na pel de cada un dos personaxes. E é que esta intrigante aventura a seguimos a través dos diarios dos protagonistas.

O libro está editado por Ediciones Atlantis Narrativa, que tras esta primeira tirada de exemplares para a presentación, nos vindeiros días o levará ás librarías de toda España.

Redacción Salnés