Un gravado reforza a teoría de que Colón era galego

POIO> A teoría de que o descubridor Cristobal Colón era galego cobra máis forza grazas a aparición dun novo gravado no entorno de Soutomaior. Unha creación artística que ven de ser doada por un anticuario anónimo á Casa Museo de Colón de Poio, para evitar que a súa exportación.

Cristobal Colón por medio de los Indios é o nome dun gravado do século dezanove que podería reforzar a teoría de que o descubridor era de orixe galega. Esta peza artística foi encontrada nunhas dependencias que eran do Concello de Soutomaior, polo que se pensa que podería pertencer á familia Souto Maior e formar parte da ornamentación deste Castelo.

Arestora estaba en mans de Daniel, un anticuario de Pontevedra que tras constatar o intenso interese que tiñan os norteamericanos en puxar por el, decidiu doalo de xeito altruísta ó Museo de Colón de Porto Santo, en Poio. Como adoita acontecer cos gravados non se trata dunha peza única. De feito xa se sabe que hai alomenos unha réplica exacta na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Ata o de agora descoñécese o valor artístico desta peza que terá que cuantificar un experto.

Para o que si vai a valer esta obra é para dar un novo pulo á teoría de que Cristobal Colón era galego. O Concello de Poio agradeceu encarecidamente esta doazón que virá a completar os fondos da Casa Museo de Colón que xestiona a Asociación Colón Galego.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/15/colon.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/15/gravado_cristobal_colon.mp4{/flowplayer}