‘A flor deste ano é de moi boa calidade, aínda que un pouco cara’

    flores_100.jpgVILAGARCÍA> Xa están en marcha os preparativos para que os camposantos luzan estes días a súa mellor faciana.

    {flowplayer}images/salnes/preparativos_defuntos.flv{/flowplayer}

    Durante a fin de semana, os postos de flores encherán prazas e mercados coma o de Vilagarcía. Aquí comparten espazo as vendedoras habituais e as floristas denominadas campesiñas, que venderán a súa colleita propia, coa licenza necesaria. Este ano, hai un posto máis baixo a carpa, e entre as vendedoras, non hai unha opinión xeneralizada con respecto ao ritmo das vendas.

    No que respecta ás compradoras, unanimidade na opinión de que a flor está bastante cara. Sen embargo, falando de investimento para este Día de Defuntos e Tódolos Santos, hai quen non ten claro aínda canto vai gastar, mentres outros, xa teñen o presuposto axustado.

    Por outra banda, sempre dentro dos actos previos ao Día de Defuntos, no Cemiterio de Cornazo colocaron unha placa institucional na memoria dos defuntos. O concelleiro de Cultura de Vilagarcía Xosé Castro Ratón, o párroco de Cornazo Xaquín Gómez e o responsable do Servizo de Normalización Lingüística do concello, Manuel Campos, lembraron que o acto está enmarcado na campaña “Agora e sempre, en galego”. Con ela, pretenden concienciar para que todo o entramado funerario: necrolóxicas, lápidas, epitafios… se faga en galego e potenciar así o seu uso.

    Redacción Salnés