NOIA> Esta mañá presentábase no Concello o encontro final da liga FITE Galicia de Taekwondo. a cita será este vindeiro sábado, durante todo o día no pavillón Alonso Rodríguez.
Na actividade tomarán parte uns 300 loitadores de diferentes categorías procedentes de clubs de toda Galicia.
Dende o Concello destacaron a importancia desta cita, animando a acudir ese día ó Alonso Rodríguez a disfrutar deste deporte.
Dende o Club ITF Noia quixeron agradecer tamén a colaboración prestada polo Concello, así como tamén ás empresas e negocios que colaboran co Club, pois grazas ó seu apoio poden organizar este tipo de eventos de máximo nivel deportivo.






