![]()
BOIRO> As atraccións de feira de Boiro pasarán das rúas da Avenida da Constitución ó novo aparcamento construido en Avellaneda.
{flowplayer}barbanza/cambioatraccionsboiro.flv{/flowplayer}
As festas do verán de Boiro estrearán este ano novo emprazamento co fin de desconxestionar o tráfico no casco urbano durante as celebracións e dar tamén mellor comodidade tanto ós veciños coma ós propios empresarios das atraccións de feira.
O executivo local decidiu que as atraccións de maior volume se instalarán a partir do vindeiro martes, unha vez remate o tradicional mercadiño ambulante, na superficie do novo aparcamento da praza de Avellaneda. Ó resto de atracción ubicaranse nesta propia rúa e nun tramo da Avenida da Constitución.
Aínda así as orquestras seguirán mantendo o emprazamento dos últimos anos na Praza de Galicia.
Redacción Barbanza









