Mañá ábrese ó tráfico o vial ó porto e as conexións coa vía rápida

    VILAGARCÍA> O conselleiro de Medio Ambiente inspeccionou esta mañá os dous ramais que unen a VAP Cambados – Vilagarcía co acceso ó porto.

    {flowplayer}images/salnes/CONEXIONS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, inspeccionou esta mañá, os dous ramais que unen a Vía de Altas Prestacións Cambados Vilagarcía co acceso ó porto.

    Agustín Hernández destacou que estas estradas poranse en servizo a partir de mañá coa inauguración do vial ó porto por parte do ministro de Fomento, José Blanco. Ambos ramais, nos que a Xunta investiu 6,5 millóns de euros, entrarán en servizo mañá, no mesmo momento no que o ministerio de Fomento realice a apertura deste vial.

    A estrada de acceso ó porto, dá continuidade á variante de Vilagarcía, que executou a Xunta, e que se atopa en servizo dende o 30 de maio de 2009. Hernández explicou que se pecha un anel que nace no nó de Curro e que, a través da Autovía do Salnés, da VAP Barrantes-Cambados-Vilagarcía e da autovía Curro Baión, permite reorganizar e optimizar o tráfico.

    O conselleiro sinalou que a variante construída pola Xunta, pode chegar a restar do núcleo urbano ata 2 millóns de vehículos ó ano, dos que o 10% corresponden a tráfico pesado. Coa apertura deste ramal e o do Ministerio de Fomento a partir mañá, os condutores poderán acceder ó Hospital do Salnés ou ó porto, sen pasar polo núcleo urbano.

    O conselleiro Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tamén destacou o compromiso da Xunta de levar a cabo unha mellora das redes de comunicación e facer novas en toda a comarca.

    En canto á autovía Vilagarcía Pontevedra, Agustín Hernández explicou que xa está en exposición pública a segunda parte do treito e que posteriormente se procederá a estudar as reclamacións.

    Redacción Salnés