MUROS> A voceira nacional do BNG urxe ao presidente da Xunta a que compareza no Parlamento Galego para que dea explicacións sobre como se está a xestiona-la crise dos pellets de plástico.
Dende Muros, Ana Pontón pregúntalle a Alfonso Rueda por que se ocultou información sobre o vertido e non se están poñendo medios.
A candidata do Bloque á presidencia da Xunta calificou a chegada de bólas ás praias de “traxedia ambiental”, acusando de inacción ao executivo galego e ao central.










