Clamor contra os vertidos en San Finx nunha xornada lúdica e reivindicativa

LOUSAME> Centos de persoas secundaron a mobilización convocada este sábado ás portas de mina de San Finx para esixir a retirada da autorización de vertidos. Durante a protesta levouse a cabo o enterro simbólico dos produtos da ría para evidenciar os danos derivados do elevado risco de contaminación.

A chuvia non foi quen de disuadir ós manifestantes que este sábado se concentraron nas inmediacións da mina de San Finx. Con esta protesta cargada de simbolismo pretenden facer chegar á Xunta a súa reclamación para que revogue a autorización de vertidos de augas residuais procedentes da mina.

Máis aló do carácter reivindicativo, a protesta converteuse nun acto lúdico co enterro simbólico dos peixes e mariscos da ría que desaparecerían por mor dos vertidos.

Dende plataforma insisten que convocarán novas mobilizacións, en paralelo ó procedemento xudicial, para seguir facendo presión e evitar un dano irreparable ó ecosistema.

A xornada de protesta rematou coa actuación musical do grupo Barahunda e unha degustación de produtos do mar para poñer en valor a principal riqueza da ría.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí