O BNG denuncia o desmantelamento da Capitanía Marítima da Pobra

A POBRA> O BNG denuncia o progresivo desmantelamento da capitanía marítima da Pobra. O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, xa presentou unha iniciativa demandando que se cubran as vacantes por xubilación e se restableza a normalidade na prestación do servizo.

A falla de cobertura das prazas vacantes derivou nun desmantelamento da capitanía marítima da Pobra que na actualidade tan só presta servizo de xeito puntual un día á semana. O BNG xa presentou unha serie de iniciativas no Congreso instando ó Ministerio a incorporar o persoal necesario para garantir a normalidade no servizo.

Din os nacionalistas que o da Pobra non é un caso illado posto que o mesmo está a acontecer con outros servizos públicos relacionados co mar que dependen do estado.