Empresas do sector mar-industria do Salnés reciben formación para loitar contra a violencia machista

O SALNÉS>  Unha vintena de empresas do sector mar-industria do Salnés participaron hoxe na presentación dunha guía para a detección de vítimas de violencia machista no ámbito laboral. Trátase dun manual elaborado pola Xunta co que se busca identificar de xeito precoz posibles casos de malos tratos. Unha ferramenta, din, para poder actuar canto antes tamén dende o ámbito do traballo.

A Mancomunidade do Salnés acolleu hoxe  a presentación dun manual impulsado pola xunta para a detección de vítimas de violencia de xénero dende o ámbito laboral.

Porque, explican, no traballo hai varios indicadores que se poden detectar cando  unha muller está a sufrir violencia de xénero.

Na presentación desta mañá participou unha vintena de representantes de empresas do sector mar-industria da zona.

A guía estase distribuíndo por todo o tecido empresarial galego. Polo de agora xa se entregou a máis de 160 empresas, que se traduce en máis de 20.000 empregados que xa contan con esta ferramenta.