Os animais regresan ao refuxio de Cambados tralas obras de mellora do centro

CAMBADOS> Rematan as obras de reforma do refuxio de animais de Cambados. O centro conta agora cun espazo máis cómodo e máis seguro para os seus cans e gatos. O refuxio está recuperar agora aos animais que tivo que dar en acollida polo reforma das instalacións.

O refuxio de animais de Cambados comeza a volta á normalidade. As obras de reforma da das instalacións obrigaron á protectora a buscar un fogar de acollida para os animais. Tras máis dunha semana de traballos. A reforma está completada.

As melloras do chan permitirán ao centro limpar con sen problema a entrada pero tamén evitar enfermidades para os cans. Xa que os animais escarvaban nos buracos introducindo bacterias coma a giardia.

Unha vez rematada a reforma, o refuxio comeza a recuperar aos animais que se atopan de acollida. Uns fogares temporais que a protectora atopou para os cans nun tempo récord.

Dos máis de 50 animais que saíron a un fogar de acollida, só quedan por regresar catorce cans e tres gatos, incluíndo os que poidan quedar definitivamente nesas familias. A visita do concello tamén estivo destinada a poñer en valor o gran traballo que realizan todos os días os traballadores e traballadoras do refuxio de animais.