Técnicos especialistas avalían o estado das árbores dos xardíns Valle-Inclán

    xardins_100.jpgPOBRA> O executivo vén de iniciar a mellora integral dos xardíns Valle-Inclán co tratamento de varias árbores afectadas por unha praga de fungos.

    {flowplayer}barbanza/mellorasxardins.flv{/flowplayer}

    A intención do goberno da Pobra é deixar en perfecto estado un dos espazos máis emblemáticos do municipio como son os xardíns Valle-Inclán. Por este motivo, uns técnicos especialistas están a examinar o estado do terreo e varias árbores enfermas.

    Mediante as medicións realizadas cunha sofisiticada máquina comprobaron a dureza e vitalidade dos exemplares. Ademais tomaron mostras que serán analizadas en laboratorio para determinar o tipo de praga que afecta a varias especies e atallala nos casos en que aínda sexa posible.

    O alcalde, Isaac Maceiras, destacou a importante inversión que está a realizar o concello na posta en valor da alameda. Así mesmo, arremeteu contra os grupos da oposición que no seu día ridiculizaron a proposta da alcaldía para sanear as especies afectadas.

    Actuación integral

    Ademais do tratamento das árbores, a empresa OYS Noroeste está a acometer a renovación do sistema de rego que se atopaba moi deteriorado así como a recollida de pluviais e a substitución do alumeado.

    Tamén se procederá á remodelación da fonte para devolver o esplendor a este parque que constitúe un dos poucos de Galicia que alberga tanta variedade de especies árboreas.

    Redacción Barbanza