CAMBADOS> Cambados faise cun novo lote de maquinaria para a limpeza de rúas e camiños. A partida inclúe unha varredora eléctrica, unha ferramenta moi precisa, xa que ata o momento na vila todo se facía á man. Mercouse tamén unha desherbadora, así como varias rozadoiras e sopladoras.
Cambados verá mellorado o seu servizo de limpeza e mantemento grazas a este lote de maquinaria que vén de adquiri-lo concello. A xoia da coroa é esta varredora eléctrica, unha máquina moi agardada na vila, onde ata o momento toda a limpeza se facía á man. A varredora conta con varias prestacións, que permiten un mellor resultado.
Para zonas máis rurais, o concello adquiriu varias rozadorias, sopladoras e tamén esta desherbadora.
Este novo equipo foi mercado cunha partida duns 35.000 euros, grazas a unha achega do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.