O alcalde de Boiro reorganiza o grupo de goberno trala marcha de Marisa Collazo

BOIRO> O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, vén de realizar unha reorganización do goberno municipal, facendo cambios nas delegacións de varios dos concelleiros do goberno. Os cambios responden á entrada na corporación do edil Raúl Treus trala renuncia de Marisa Collazo. Treus aumirá as competencias en Política Social, Medio Ambiente, Turismo e Patrimonio. As áreas de Feminismo e Igualdade pasarán a partir de agora a ser xestionadas pola edil María Outeiral. Raúl Treus será tamén o terceiro tenente de alcalde e membro tamén da Xunta de Goberno Local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí