Outes dispón xa da primeira vivenda social municipal

OUTES> Outes xa conta coa súa primeira vivenda social municipal. Está situada na antiga vivenda do mestre, na unitaria do Bosque, e supuxo un investimento de preto dos 85 mil euros.

Segundo explicou o alcalde, Manolo González, con esta nova infraestrutura municipal, o Concello cumpre un dobre obxectivo.

Segundo informou o propio rexedor a intención do Concello é seguir avanzando neste tipo de servizos, de aí que axilizara a tramitación da solicitude dunha nova subvención para acometer unha actuación semellante na vivenda do mestre da unitaria da Barreira, en Tarás.

Á par dos traballos de rehabilitación da vivenda en cuestión, o goberno outense procedeu tamén a aprobación da ordenanza que regulará as condicións de uso da mesma, que se dará de xeito temporal, e cuns requisitos mínimos.