Amegrove gaña en Oleiros e achégase ó liderato

SALNÉS> A gran protagonista da fin de semana foi Amegrove. Os de Porto Meloxo quedáronse a un paso de vencer o sábado en Cangas pero onte non deixaron escapar o triunfo en Oleiros. Sitúanse a dous puntos de Meira na xeral.

Amegrove vai moi en serio este ano. Na pirmeira fin de semana da temporada con dúas regatas, os de José Ángel Cambados non puideron responder mellor. Primeiro, en Cangas, deixaron escapar unha victoria que tiñan no peto no terceiro longo, cando aventaxaban en cinco segundos a Meira. Pero os moañeses foron mellores trala terceira ciavoga e remontaron para levarse o triunfo.

Non aconteceu o mesmo en Oleiros, onde dende o principio Amegrove tomou o mando. Na primeira metade de carreira, Meira seguíulle o ritmo, pero despois do segundo longo xa non puido. Dende atrás, Náutico de Vigo ameazou con levarse a victoria pero nuna superou ós de Porto Meloxo.

A loita polo título preséntase moi aberta con Meira líder e Amegrove segunda a tan só dous puntos.

No que respecta ó resto de embarcacións arousáns, Cabo da Cruz pagou onte o esforzo feito en Cagas, onde foron terceiros. En Oleiros foron os peores da quenda de honra pero o seu tempo servíulles para ser quintos, xusto por diante de Vilaxoán. Os vilagarciáns, oitavos en Cangas, venceron onte na terceira quenda diante de Mecos, quintos o día anterior. Ambas embarcacións semellan que terán que conformarse con loitar pola sexta praza toda vez que a quenda de honra lles queda progresivamente máis lonxe.

Tamén foi destacado o papel de Esteirana, oitavo en Oleiros, mentres que Puebla e Rianxo continúan sen poder saír da parte baixa da clasificación.

Redacción Salnés