O Plan de recollida selectiva se realiza en 50 praias pontevedresas

    recollida_selectiva_copia100.jpgPONTEVEDRA> O Plan, posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, ten como novidade a implantación de colectores de papel-cartón e vidro. O obxectivo é que a cidadanía recicle.

    {flowplayer}images/salnes/RECOLLIDA_SELECTIVA_PRAIAS.flv{/flowplayer}

    A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa colaboración de Sogama e Ecoembes, ven de iniciar a campaña de recollida selectiva en 50 parias de Pontevedra para este verán. A iniciativa, terá unha duración de dous meses, dende o primeiro fin de semana de xullo ata o 31 de agosto.

     O principal obxectivo, é concienciar á cidadanía e promover a súa colaboración na separación de residuos, xa non só nos seus fogares, senón tamén nas praias que frecuentan. Dende o departamento de Agustín Hernández, salientan que é necesario estender este hábito a novos escenarios, como as praias fluviais, onde tamén se xeran cantidades importantes de residuos urbanos.

    O plan de recollida, permite evitar que unha porción importante de envases lixeiros se desvíe a un destino non desexable, impulsando a reciclaxe. O proxecto, conta coa implantación dunha novidade para este verán. A recollida selectiva de papel-cartón e vidro, nalgunhas praias seleccionadas a modo de experiencia piloto. Os colectores azuis, estarán situados nos accesos ós areais, mentres que os iglús para vidro, colocaranse nos chiringuitos.

    Está previsto, a realización de xornadas lúdico-informativas en 11 praias, a través de monitores e xogos e material promocional.

    Redacción Salnés