Antonio Neira despide Albarousa logo de 29 anos como organizador

    antonio_neira_100_120710.jpg VILAGARCÍA> Esta edición celebrarase entre o 6 e o 16 de agosto sen xantares de inauguración nin clausura por recurtes no orzamento.

    {flowplayer}images/salnes/PRESENTACION_ALBAROUSA.flv{/flowplayer}
     
    O presidente de Albarousa abandona o barco logo de 29 anos organizando cada verán a Mostra do Viño Artesanal e a Semana Gastronómica de Vilagarcía. Con el convertéronse nunha das citas obrigadas do verán arousán. Agora, Antonio Neira deixa a programación dos festexos en mans do concello ou dalgún outro colectivo social que se preste a organizala, sempre contando co seu apoio. Polo momento, a deste ano arrincará o seis de agosto na praza da Peixería e alongarase durante 11 días.
     
    A austeridade será a nota característica da edición, pois elimínanse do programa as comidas de inauguración e clausura dos festexos. O que si se mantén é a esencia da Mostra: A exposición dos albariños Rías Baixas elaborados polas máis de 50 adegas que se calcula asistan á cita, así coma a degustación de doces e outros manxares cociñados por agrupacións sociais da comarca. Tamén se premiará ós mellores viños artesáns da DO. As precatas das marcas que concorren ó concurso terán lugar entre o xoves 12 de agosto e o venres 13. Desta volta, o panel de cata contará con persoeiros de renome.
     
    A cata final será o domingo día 15, e na seguinte xornada, os agraciados recollerán os seus premios a partir das nove e media da noite. Os once días de celebración estarán amenizados con música tradicional a cargo de diferentes formacións da provincia.
     
    Redacción Salnés