O Festival Entrebateas fixo vibrar á Pobra a ritmo de Rock

A POBRA> O Festival Entrebateas volveu esta fin de semana á Pobra do Caramiñal. Ca celebración desta cuarta edición, o festival consolídase como unha data referente para o rock,o hardcore e o metal.

Empezou fai catro anos e agora xa é unha cita obrigada para os amantes do rock na vila da Pobra. Este ano o Festival Entrebateas comezou cunha sesión en Catamarán, que foi seguida por unha cata de Bodegas Lodeiros. Xa pola noite, a música foi a única protagonista.

Tamén no venres, os asistentes ó festival puideron desfutar de Toundra, cabeza de cartel do primeiro día de festa.

Ata a Pobra do Caramiñal acercáronse persoas de toda Galicia. Despois de cada concerto todos coincidían nunha cousa…

Un ano más, a entrada ó festival e a zona de acampada, foron gratuítas. E despois de dous días de festa, o Entrebateas despediuse o sábado con gran éxito de afluencia. Quen queira volver, terá que esperar ara o ano que ven.